Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN XOÁN DE RÍO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, cumpridos os trámites de elaboración do planeamento, conforme o previsto polo artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, aproba inicialmente o proxecto de ordenación do medio rural do concello de San Xoán de Río, na sesión do 29 de xullo de 1999.

Na mesma sesión tamén se acordou a apertura do trámite de información pública polo prazo dun mes, de conformidade co previsto polo artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O prazo comezará a computarse desde a derradeira data de publicación deste anuncio.

Isto faise público para xeral coñecemento e para os efectos legais procedentes.

San Xoán de Río, 4 de agosto de 1999.

Pedro Fernández Fernández

Alcalde