Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía número 4855/1999, do 30 de agosto, aprobouse o expediente administrativo e os pregos de cláusulas administrativas particulares, por medio de poxa e procedemento aberto, para a venda dunha parcela denominada R-1.1 sita no ámbito do SUNP D-38-R O Graxal II, en Liáns, termo municipal de Oleiros.

A descrición da parcela é a seguinte:

Parcela R-1.1.-O Graxal II, de 592,80 m de superficie en forma rectangular con pequena curva no

vértice norte. Linda norte con intersección de dúas vías de nova creacción, leste parcela ELP-1, oeste vía de nova creación e sur parcela R-1.2.

Esta parcela está destinada a uso residencial colectivo cunha edificabilidade máxima de 1.633,176 m para un límite máximo de 16 vivendas. Esta parcela cédese ó concello como pagamento ó seu dereito de obte-lo 10% do aproveitamento tipo en uso residencial.

Suxeita a coeficiente de participación nos gastos da entidade de conservación do 6,075% e a idéntica porcentaxe nos gastos de urbanización do SUNP D-38-R. Esta parcela está gravada con servidume de paso de persoas e vehículos no subsolo en favor da parcela R-1.1 do Graxal II. A dita servidume situarase de modo que poida servi-lo seu destino en favor da parcela R-1.1 do modo menos gravoso para os usuarios do subsolo da parcela ELP-1.

Libre doutras cargas e gravames así como de arrendatarios.

Tipo de licitación: 29.284.371 ptas.

Fianza: 585.687 ptas.

Os pregos de cláusulas poderanse recoller na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, das 9 ás 13 horas.

O prazo de presentación de ofertas: 26 días naturais contados desde o día seguinte a aquel en que apareza publicado no BOP.

Oleiros, trinta de agosto de mil novecentos noventa e nove.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta