Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía número 4854/1999, do 30 de agosto, aprobouse o expediente administrativo e os pregos de cláusulas administrativas particulares, por medio de poxa e procedemento aberto, para a venda dunha parcela denominada T-1.1 sita no ámbito do SUNP D-38-R O Graxal II, en Liáns, termo municipal de Oleiros.

A descrición da parcela é a seguinte:

Parcela T-1.1.-De 702 m de superficie en forma rectangular. Linda: norte con Manuel e Salvador Alcalde Abalo e, en parte, coa estrada N-VI; leste coa estrada N-VI; sur con parcela T.1.2 e, en parte con vía de nova creación, e oeste con Manuel e Salvador Alcalde Abalo.

Parcela destinada ó seu uso terciario de superficie comercial e oficinas. A súa edificabilidade é de 1.055,45 m. Esta parcela cédese ó concello como pagamento do aproveitamento tipo do 10% de usos terciarios e deportivo, toda vez que este último, se fose obxecto de cesión específica independiente, daría lugar a unha inoperativa microsuperficie ou a un non desexado condominio.

Suxeita a coeficiente de participación nos gastos da entidade de conservación de 3.926% e a idéntica porcentaxe nos gastos de urbanización do SUNP D-38-R.

Cargas: cargas de urbanización e as de conservación antes mencionada.

O tipo de licitación fíxase en: 11.328.805 ptas.

Fianza: 453.152 ptas.

Os pregos de cláusulas poderanse recoller na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, das 9 ás 13 horas.

O prazo de presentación de ofertas: 26 días naturais contados desde o día seguinte a aquel no que apareza publicado no BOP.

Oleiros, trinta de agosto de mil novecentos noventa e nove.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta