Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía número 4808/1999, do 27 de agosto, aprobouse os pregos de cláusulas administrativas particulares e o expediente de poxa de parcelas por procedemento aberto, para o alleamento de dúas parcelas sitas no ámbito de ICARIA II, en Montrove-Liáns-Oleiros (A Coruña).

As parcelas que se venden son as seguintes:

A-9.1: parcela municipal de 2.285,63 m de extensión superficial, que linda ó norte con zona verde e camiño público, ó sur, coa parcela A-9.2, oeste con vía de nova creación e zona verde. Leste con parcela exterior ó plan. Conta cunha edificabilidade de 1.861 m. Con destino á construcción de 20 vivendas de tipoloxía plurifamiliar de promoción pública (vivendas declaradas protexidas) de conformidade co disposto polo artigo 157.2º da Lei do solo de Galicia.

A-9.2: parcela municipal de 1.828,24 m de extensión superficial, que linda ó norte coa parcela A-9.1 e vía de nova creación. Sur, coa parcela A-9.3 e parcela exterior ó plan parcial. Oeste, vía de nova creacción. Leste, parcela exterior ó plan. Conta cunha edificabilidade de 1.489,86 m. Con destino á construcción de 16 vivendas de tipoloxía plurifamiliar de promoción pública (vivendas declaradas protexidas) de conformidade co disposto polo artigo 157.2º da Lei do solo de Galicia.

Cargas: grávase coa carga da conservación, para o que deberá constituírse a correspondente entidade urbanística de conservación, para o que serán fixadas as cotas de conservación, non conta con cargas de urbanización, agás as da propia parcela.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares poderanse recoller na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, das 9 ás 13 horas.

Prazo de presentación de ofertas: 26 días naturais contados desde o día seguinte a aquel no que apareza publicado no BOP.

Oleiros, vintesete de agosto de mil novecentos noventa e nove.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta