Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía número 4807/1999, do 27 de agosto, aprobouse o expediente de contratación por medio de poxa e procedemento aberto, e os pregos de cláusulas administrativas particulares, para a venda da parcela nº 119 sita no ámbito do plan parcial nº 3 de Caavamontes-Perillo, termo municipal de Oleiros (A Coruña).

A parcela que se vende é a seguinte:

Parcela nº 119 que se atopa situada no núcleo de Perillo, P.P.-3 Caavamontes, cunha superficie de 330 m que linda: fronte, en liña de 16 m rúa do Pombal; dereita, límite do polígono; esquerda, parcelas 118 e 115 e detrás, parcelas 113 e 114. Inscrita no Rexistro da Propiedade, na sección de Oleiros, libro 418-folio 204-predio 31474-inscrición 1ª, segundo escritura de reparcelación outorgada polo Concello de Oleiros, nº 3599 ante o notario da Coruña, Ramón González Gómez.

Características técnicas:

O soar ten unha capacidade de 761,18 UR segundo se recolle no Proxecto de reparcelación de Caavamontes, que permiten a construcción de 276,52 m en planta baixa e 626,86 m en tres plantas altas, o que fai un total de 903,38 m de construcción computable segundo as ordenanzas do plan parcial (que se achegan como anexo a este prego de cláusulas administrativas particulares). As vivendas resultantes deberán acomodarse ó réxime de vivendas de protección oficial. Nº máximo de vivendas: 9.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares poderanse recoller na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, das 9 ás 13 horas.

O prazo de presentación de ofertas: 26 días naturais contados desde o día seguinte a aquel no que apareza publicado no BOP.

Oleiros, vintesete de agosto de mil novecentos noventa e nove.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta