Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.533

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai pública a relación dos aspirantes coas puntuacións obtidas no proceso de selección para a cobertura temporal de tres prazas no Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais do persoal de institucións sanitarias.

Mediante resolución da División de Recursos Humanos do Sergas do 17 de xuño de 1999, anúnciase a selección con carácter temporal de tres prazas do Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais do persoal de institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde e convócanse os aspirantes interesados para que presenten a súa solicitude e acheguen con ela os xustificantes acreditativos dos requisitos esixidos e méritos alegados.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e concluso o proceso de baremación rea

lizado de conformidade co establecido na resolución referenciada, este centro directivo, unha vez analizada a proposta da comisión de baremación constituída para o efecto e en virtude das competencias atribuídas a este centro directivo nos artigos 19 e seguintes do Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Sergas e no artigo 4 da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas

RESOLVE:

Publicar no anexo que se xunta relación de aspirantes seleccionados nas áreas de técnico en hixiene no traballo e técnico en seguridade no traballo. A selección para a vinculación temporal nas prazas obxecto da convocatoria realizarase pola orde de puntuación acadada no proceso de selección.

Declarar deserta a convocatoria para a área de médico especialista en medicina no traballo.

Os aspirantes interesados, de consideralo conveniente, poderán formular reclamación perante a Divi

sión de Recursos Humanos do Sergas no prazo de 10 días computados a partir do seguinte ó da data de publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde

ANEXO

Listas definitivas

Praza de técnico en hixiene no traballo.

Seleccionados

AspirantesPuntuación total

Acuña Vilas, José27,50

González Mosteyrín, Mª Luisa19,13

Álvarez Brime, Carmen18,94

Cuevas Raposo, José16,81

Viéitez Valiñas, José Antonio16,29

Praza de técnico en seguridade no traballo.

Seleccionados

AspirantesPuntuación total

Godoy Trillo, José Rogelio Indalecio25,89

González Mosteyrín, Mª Luisa20,63

Méndez Fernández, Manuela20,29

Campos Bastos, Marcial18,95

Dorda Estrada, Gerardo15

Mazorra Cupeiro, Luis José12,35