Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 31 de agosto de 1999, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan aumentos de base impoñibles pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Sobrisán, S.L. e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aumentos de base impoñibles pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola Oficina Liquidadora de Distrito Hipotecario de Cambados en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante as oficinas sinaladas no parágrafo anterior, con enderezo: rúa Ourense, 16, Cambados.

En horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 31 de agosto de 1999.

P.A. (Decreto 13/1997)

Aida Rosell Ramos

Secretaria provincial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Sobrisán, S.L.

CIF: B-47.310.826

Xeneral Mola, 12, Rubí de Bracamonte, Valladolid.

Procedemento: aumento base impoñible.

Expediente: T-1692/1994.

Interesado: Fernández Cabello, Consuelo.

DNI: 02.468.695

Rosalía de Castro, 9, 11-2º D, A Coruña.

Procedemento: aumento base impoñible.

Expediente: T-3393/1996.