Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.532

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1999 pola que se convoca un curso sobre protección de personalidades e escoltas.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1999 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre protección de personalidades e escoltas, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivos:

a) Coñecer e perfecciona-las técnicas aplicables na protección de personalidades.

b) Coñecer qué unidades operativas interveñen nos dispositivos de protección a personalidades.

c) Coñece-los medios técnicos utilizables na protección de personalidades.

d) Coñece-los métodos de actuación de organizacións terroristas.

e) Adquirir coñecementos sobre os explosivos utilizados por organizacións terroristas e as medidas que se deben adoptar.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos das policías locais de Galicia e membros da unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia; e no caso de quedaren prazas vacantes ós membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan neste curso é de 27.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 5 de outubro, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas; esto será requisito indispensable para ser

admitido nos cursos e o incumprimento deste requisito implica a non admisión ó devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

O curso terá lugar en sesións de tarde, e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas: a) Aspectos xerais da protección de personalidades. b) Protección de personalidades: dinámica e estática. c) Grupos de apoio. d) Caravanas. e) Plans de seguridade: dispositivos. f) Transmisións, etc.

Datas.

O curso terá lugar do 18 ó 22 de outubro, en horario de 16 a 20 horas do serán.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 8 de outubro no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa admisión chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

O curso desenvolverase na sede da Academia Galega de Seguridade.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 2 de setembro de 1999.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade