Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.530

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1999 pola que se convocan dous cursos sobre atestados por accidentes de tráfico.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1999 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización de dous cursos sobre atestados por accidentes de tráfico, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Os cursos teñen por obxectivo principal da-los coñecementos necesarios en materia de atestados en accidentes de tráfico, para que os policías poidan desenvolve-lo seu labor, tal e como require a autoridade xudicial.

Destinatarios.

Os cursos van dirixidos ós membros dos corpos das policías locais de Galicia, membros da unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia; e no caso de quedaren prazas vacantes ós membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán en cada curso será de 40.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar cuberta á máquina ou con letra moi clara a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará ás 14 horas nas seguintes datas:

-1º curso: o día 5 de outubro.

-2º curso: o día 8 de novembro.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas; isto será requisito indispensable para ser admitido no curso, e o incumprimento deste requisito implicará a exclusión do devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

Os cursos terán lugar en sesións de tarde, de luns a venres, e neles trataranse, entre outros, os seguintes temas: a) Competencias da Policía Local en materia de accidentes de tráfico. b) Concepto e clases de accidentes de tráfico. c) Investigación de accidentes de tráfico. d) Planificación da investigación. e) Esbozo e informes técnicos. f) Resolución de diversos casos prácticos. g) Alcoholemia en relación cos accidentes de tráfico.

Datas.

Os cursos terán lugar nas seguintes datas:

-1º curso: do 25 ó 29 de outubro de 1999.

-2º curso: do 22 ó 26 de novembro de 1999.

O horario será de 16 a 20 horas do serán.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 13 de outubro para o primeiro curso e o día 12 de novembro para o segundo, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Os cursos desenvolveranse na sede da Academia Galega de Seguridade, sita na Avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ó remate de cada curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nel.

Modificación.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 2 de setembro de 1999.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade