Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 20 de setembro de 1999 Páx. 11.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 26 de xullo de 1999, aprobou inicialmente a modificación puntual do estudio de detalle do predio Villagueira no Casal-Laraño, promovido por Ponteno, S.A.

O ámbito de actuación está comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: vía férrea e estación de ferrocarril de Casal.

Sur: prado e labradío, propiedade de Manuel Rilo Santomil.

Leste: estrada do Casal ó Milladoiro.

Oeste: vía férrea.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial da modificación do estudio de detalle determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación, sen prexuízo da concesión daquelas que, baseadas no estudio de detalle vixente, non incumpran as determinacións do proxecto de modificación.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1999.

Encarna Otero Cepeda

Alcaldesa en funcións