Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 20 de setembro de 1999 Páx. 11.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

Aprobado definitivamente por resolución da Alcaldía, do 8 de agosto de 1999, o proxecto de urbanización presentado por Alfonso Viñas Colmeiro, en representación de Edenal, S.L., como propietario único do ámbito do solo urbanizable programado nº 4 do Plan parcial Granja Los Rosales, para efectos de execución técnica e material do planeamento, faise público de conformidade co artigo 44 da Lei do solo de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a xurisdicción competente, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Tui, 6 de setembro de 1999.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde