Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 20 de setembro de 1999 Páx. 11.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COIRÓS

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Proxectos: obras programa 1 PIEL. Fondo de Cooperación Local 98.

127-1: ampliación saneamento núcleo Coirós e pavimentación acceso núcleo A Espenuca.

127-2: pavimentación accesos núcleos Lapela e Caresma.

Tipos de licitación:

Obra 127-1: 3.914.227 ptas.

Obra 127-2: 3.998.578 ptas.

Prazo de execución: seis meses.

Dependencia onde estarán de manifesto os expedientes: secretaría xeral.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, no prazo de trece días naturais contados a partir do día da publicación do anuncio no DOG, de nove a trece horas.

Apertura de plicas: no salón de sesións do concello, ás catorce horas do día seguinte hábil ó día en que remate o prazo de presentación de proposicións (agás se é sábado, que será o luns seguinte).

Fianzas provisionais:

Obra 127-1: 78.285 ptas.

Obra 127-2: 79.972 ptas.

Fianzas definitivas:

Obra 127-1: 156.569 ptas.

Obra 127-2: 159.943 ptas.

Prego de cláusulas administrativas que rexe estes contratos: o prego tipo de cláusulas administrativas para a adxudicación, por concurso co procedemento aberto, de obras do Concello de Coirós, aprobado polo Pleno corporativo o día 17 de abril de 1996.

Coirós, 1 de setembro de 1999.

Francisco Quintela Requeijo

Alcalde