Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 20 de setembro de 1999 Páx. 11.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de concurso para adxudica-lo servicio de realización de talleres de educación ambiental e actividades complementarias.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cambre.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Contratación.

c) Número do expediente: 99/58-8 Con. Asist. Serv.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación do servicio de seis talleres de educación ambiental dentro do programa de actividades extraescolares municipais, e actos complementarios.

b) Lugar de execución: municipio de Cambre.

c) Prazo de execución: cursos escolares 1999/2000, 2000/2001 e 2001/2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo estimado por cada curso escolar: 1.250.244 pesetas, (IVE incluído); 7.514,12 euros, (IVE incluído).

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Cambre. Departamento contratación.

b) Domicilio: Adro, nº 1.

c) Localidade e código postal: Cambre, 15660.

d) Teléfono: 981 61 31 28/ 981 61 31 88.

e) Telefax: 981 67 59 69.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14 horas do día anterior ó que remate o prazo para presenta-las proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: ver cláusula 12.2.1) do prego.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: de 9 a 14 horas dentro do prazo de trece días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en tres sobres pechados:

-Sobre A, subtitulado «Oferta económica», conterá a proposición económica formulada de conformidade co modelo que figura no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Sobre B, subtitulado «Documentación», conterá a documentación esixida na cláusula 12.2 do prego.

-Sobre C, subtitulado «Referencias técnicas», conterá a documentación esixida na cláusula 12.3 do prego.

c) Lugar de presentación.

1º Entidade: Concello de Cambre. Rexistro de Entrada.

b) Domicilio: Adro, número 1.

c) Localidade e código postal: Cambre, 15660.

d) Prazo de validez da oferta: tres meses, desde a apertura.

e) Variantes: admitiranse un máximo de dúas variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Cambre, (salón de sesións).

b) Domicilio: Adro, número 1.

c) Localidade: Cambre.

d) Data: quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas, (agás os sábados, que pasará ó luns seguinte).

e) Hora: 12 da mañá.

10. Outras informacións.

Departamento de contratación, primeiro andar da casa do concello.

11. Despensas de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Exposición do prego.

Poderase examinar no departamento de contratación, primeiro andar da casa do concello, e presentar alegacións no prazo de oito días, de conformidade co establecido no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Cambre, 7 de setembro de 1999.

Augusto Rey Moreno

Alcalde en funcións