Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 20 de setembro de 1999 Páx. 11.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/224-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribuidora, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000. A Coruña.

Denominación: R.B.T. San Paio e Alvariza.

Situación: Noia.

Características técnicas: rede de baixa tensión a 380/220 V de 960 m de lonxitude en conductor R.Z. que parte do C.T San Paio. Rede de baixa tensión a 380/220 V de 1.180 m de lonxitude en conductor R.Z. que parte do C.T. Alvariza. Concello de Noia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de agosto de 1999.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións