Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 20 de setembro de 1999 Páx. 11.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/211-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000. A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. en Lañas.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 285 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV 240 mm al que parte da L.M.T.A. denominada Arteixo-Lañas e final no C.T. prefabricado de Lañas de 250 kVA a 15000±2,5-5%/398-230 V. Concello de Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de agosto de 1999.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións