Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 20 de setembro de 1999 Páx. 11.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/207-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000. A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Cicho-Oural.

Situación: Cesuras e Curtis.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 136 m de lonxitude en conductor LA-56, que parte da L.M.T. subterránea Cesuras-Curtis-Illana e final no C.T. aéreo Cicho-Oural de 50 kVA. Rede de baixa tensión en R.Z. de 1.205 m do C.T. Cicho. Rede de baixa tensión en R.Z. de 1.545 m do C.T. Raya. Concellos de Cesuras e Curtis.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de agosto de 1999.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións