Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 20 de setembro de 1999 Páx. 11.419

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Newcopo, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Newcopo, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-7-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da

empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 5-7-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 21 de xullo de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo 1999-2000 Newcopo, S.L.

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito territorial do presente convenio é para o centro de traballo da empresa Newcopo, S.L., situada actualmente no municipio de Mos.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afecta ó persoal pertencente ó cadro de persoal da empresa, salvo ós que desempeñan cargos de conselleiros da empresa, e ós de alta dirección ou de alta xestión na empresa.

Coa sinatura deste convenio, todo o persoal que actualmente presta os seus servicios nesta empresa, así como aquel que ingrese no futuro, renuncia expresamente á vinculación a calquera outro convenio de empresa anterior que lle fora de aplciación.

Artigo 3º.-Vixencia.

A vixencia do presente convenio será desde o 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro do 2000.

Ben entendido que a dita vixencia só supón retroactividade nos conceptos económicos.

Para aqueles asuntos que só teñen aplicación no ano 2000 farase a correspondente indicación no artigo en cuestión do presente convenio.

Mentres non se pacte un novo convenio, manteranse en vigor as cláusulas deste.

Artigo 4º.-Denuncia e prórroga.

As partes asinantes fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro do 2000.

Iniciada a negociación para a revisión do convenio, se esta se prorrogase por prazo que excedera o da vixencia del, o contido normativo e obrigacional

daquel entenderase prorrogado ata a entrada en vigor dun novo pacto.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

A empresa respectará as condicións económicas individuais que no seu conxunto anual resulten máis beneficiosas cás pactadas neste convenio, subsistindo para aqueles traballadores que as veñan desfrutando.

Artigo 6º.-Absorbibilidade.

Terán o carácter de absorbibles e compensables en cómputo anual coas condicións aquí establecidas, as melloras económicas que poidan estar desfrutando os traballadores ou calquera outra que por disposición legal, durante a vixencia deste convenio, puidese establecerse.

Artigo 7º.-Comisión de seguimento e interpretación (paritaria).

Durante a vixencia do presente convenio actuará unha comisión de seguimento e interpretación que, sen prexuízo das atribucións que en cuestión de vixencia teñen os comités de empresa, terá por funcións:

A) Vixilancia do cumprimento do pactado.

B) Actuar como órgano de interpretación, arbitraxe e conciliación, sen prexuízo da posibilidade da reclamación ante a xurisdicción administrativa e contenciosa previstas na lexislación vixente.

a) Polos traballadores, a comisión estará composta por Ángel Rey Costas e Ignacio Pérez Betanzos, membros do comité de empresa asinantes deste convenio, e por Miriam Pitarque Cruces e Rosana Vila Campo, como representante da empresa, aceptando todos eles os seus respectivos cargos.

b) Os representantes designados tanto pola empresa como polos traballadores, poderán ser substituídos mediante comunicación á outra parte.

Por acordo de ámbalas dúas partes, poderase nomear un presidente entre os membros da comisión.

As normas de funcionamento da comisión serán as determinadas pola propia comisión.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí acordadas forman un todo único e indivisible e para efectos da súa práctica serán consideradas globalmente.

TÍTULO II

Condicións laborais

Artigo 9º.-Clasificación profesional e definicións.

1. Clasificación.

A clasificación do persoal recollida no presente convenio é meramente enunciada e non supón a obriga de ter cubertas tódalas prazas enumeradas, se as necesidades e volume da empresa non o requiren.

O persoal que preste os seus servicios na empresa clasificarase en atención á función básica que desenvolva nos seguintes grupos profesionais:

A) Técnicos e titulados.

B) Persoal de taller.

C) Persoal de laboratorios e planta piloto.

D) Persoal de oficinas técnicas e metroloxía.

E) Persoal de administración.

F) Persoal de servicios xerais.

Dentro dos grupos descritos na norma anterior quedará clasificado nas seguintes categorías:

A) Técnicos e titulados:

-Enxeñeiro superior ou licenciado.

-Enxeñeiro técnico ou titulado de grao medio.

-Técnico ou licenciado de primeiro ano.

B) Persoal de taller:

-Responsable de taller.

-Encargado de taller.

-Oficial de 1ª fresadora.

-Oficial de 1ª taller.

-Oficial de 2ª fresadora.

-Oficial de 2ª taller.

-Oficial de 3ª taller.

-Auxiliar de departamento.

C) Persoal de laboratorios e planta piloto:

-Responsable de laboratorio ou planta piloto.

-Contramestre.

-Encargado de laboratorio ou planta piloto.

-Analista de laboratorio.

-Especialista de laboratorio.

-Auxiliar de laboratorio.

-Auxiliar de departamento.

D) Persoal de oficinas técnicas/metroloxía:

-Responsable de oficina técnica/metroloxía.

-Técnico de deseño/metroloxía.

-Proxectista de deseño/metroloxía.

-Delineante de deseño/metroloxía.

-Delineante/controlador.

-Auxiliar de departamento.

E) Persoal de administración:

-Responsable de sección.

-Oficial de 1ª administrativo.

-Oficial de 2ª administrativo.

-Auxiliar administrativo.

-Auxiliar departamento.

F) Persoal de servicios xerais:

-Técnico comercial.

-Secretario/a de dirección.

-Telefonista-recepcionista.

Acórdase remata-la definición de categorías no ano 1999, en función do borrador entregado ó comité de empresa o 20 de maio de 1999. A revisión e aplicación das categorías farase efectiva a partir do ano 2000 de acordo coas negociacións.

Artigo 10º.-Confidencialidade.

Dadas as especiais características dos servicios desenvoltos na empresa, establécese, para tódolos traballadores, o deber de confidencialidade e segredo sobre cantas investigacións, coñecementos e resultados sexan coñecedores con ocasión do desempeño do seu posto de traballo.

Artigo 11º.-Cómputo horario anual.

O cómputo horario anual que se vai realizar nos anos 1999 e 2000 será de 1.760 horas/ano.

Para completa-lo horario anual correspondente ó ano 1999 atenderase ó calendario anexo ó convenio e ó seguinte cadro que reflicte os días escollidos como de axuste horario:

CETEC:-Xornada catro horas: 5 de xaneiro e 30 de xullo.-Días de axuste horario: 11 de outubro; 7, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro.

Oficinas centrais:-Xornada catro horas: 5 de xaneiro e 24 de decembro.-Días de axuste horario: 29, 30 e 31 de marzo; 7, 27, 28 e 29 de decembro.

Para o ano 2000 incorpórase tamén como anexo ó convenio un borrador de calendario, tendo en conta que este pode sufrir algunha modificación unha vez se faga público o calendario laboral do ano 2000 emitido pola Xunta de Galicia no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial del Estado.

Artigo 12º.-Xornada laboral e quendas.

A xornada laboral de traballo será de 40 horas semanais de acordo co seguinte cadro horario:

1ª quenda: de 7 a 15 horas de luns a venres.

2ª quenda: de 14.30 a 22.30 horas de luns a venres.

3ª quenda: de 22 a 6 horas de luns a venres.

Xornada continua: de 7 a 15 horas de luns a venres.

Quenda «partida»:

-De luns a xoves: de 8 a 14.15 horas e de 16 a 18 horas.

-Venres de todo o ano: de 8 a 15 horas.

Queda a criterio do responsable de departamento xunto co xerente da empresa que en determinadas seccións se faga xornada de 8 a 14 horas e de 16 a 18 horas de luns a venres ou ben que a xornada continua de 7 horas dos venres se desfrute de forma rotativa entre o persoal pertencente ás ditas seccións.

O descanso destinado á comida, para a quenda partida poderá oscilar, de acordo cos afectados, e en función das necesidades do posto.

No caso de producción continuada as quendas serían as seguintes: de 6 a 14 horas; de 14 a 22 horas e de 22 a 6 horas.

Dentro das 40 horas semanais dos traballadores con xornada continuada de oito horas, están computados 17 minutos diarios por parada de bocadillo, que se desfrutarán por quendas.

A empresa, logo de comunicación ó comité de empresa e ó traballador afectado con 15 días de antelación, poderá adscribi-lo persoal a calquera das quendas anteriormente descritas, tendo en conta que os cambios de quendas deberán responder a probadas razóns, económicas, organizativas ou de producción.

As quendas normais de traballo son as diúrnas, e no caso de darse o cambio a quendas de noite a empresa fará o dito cambio de acordo co comité de empresa.

Ó principio de cada ano confeccionarase un cuadrante de quendas por sección, que poderá ser modificado pola empresa para garanti-lo bo funcionamento do proceso productivo e en concordancia co número 2 do artigo 15º.

Para a confección do cuadrante de quendas ou para a modificación deles, a empresa terá en conta aqueles postos de traballo, que por motivos de seguridade é necesario que estean supervisados por outros traballadores, de maneira que se a empresa quere modifica-las quendas destes postos de traballo implicará a modificación das quendas dos traballadores que se encarguen da súa supervisión.

Os descansos que correspondan a quendas que teñan que traballarse por suplencia de enfermidade ou ausencias xustificadas, retribuiranse co salario correspondente ás horas extraordianrias estructurais, no caso de que non se dispoña dunha data inmediata para a concesión de descanso ó suplente.

Para o período que vai desde o 15 de xuño ó 15 de setembro e nas seccións de quenda partida que a empresa considere oportuno, en función das necesidades productivas, poderase facer xornada continua de luns a venres.

Todo traballador desprazado a outra empresa por razón de servicio atenderá ó horario do centro de traballo de destino, se ben, no caso de horarios diferentes entre a empresa de orixe e a empresa de destino, para efectos do cómputo das horas traballadas durante a duración do seu desprazamento, respectaranse as existentes na súa empresa de orixe.

Artigo 13º.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais continuados, desfrutándose preferiblemente no período que vai do 15 de xuño ó 15 de setembro.

As vacacións para cada ano negociaranse, por seccións, en función do calendario laboral pactado, tendo en conta que en principio e salvo mellor decisión da empresa, a sección non se pode pechar; e ademais, tendo en conta as preferencias dos traballadores e as marcadas pola lei, procurando o seu carácter rotativo no caso de conflictos, e atendendo sempre ás necesidades da empresa.

Se antes do desfrute das vacacións, algún productor estivese en situación de baixa por accidente, desfrutará as vacacións desde o primeiro día da situación de alta. Se a baixa por accidente durase todo o tempo vacacional, unha vez dado de alta, poñeríase de acordo coa dirección da empresa para analiza-los días de desfrute delas.

Se a baixa por maternidade dunha traballadora coincidise co período vacacional da empresa, a traballadora terá dereito a desfruta-las vacacións dentro dese ano, poñéndose de acordo coa dirección da empresa para analiza-los días de desfrute delas.

Os períodos de desfrute das vacacións para os anos 1999 e 2000 incorpóranse nos calendarios anexos ó convenio.

Artigo 14º.-Licencias e permisos.

Todo productor, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito á remuneración total como día efectivamente traballado, por algún dos motivos seguintes e polo tempo indicado a continuación:

1. Matrimonio: 16 días naturais.

2. Nacemento de fillo: 4 días laborais.

3. Enfermidade grave ou falecemento de parentes de 1º grao de afinidade ou consanguinidade: 5 días naturais.

4. Enfermidade grave ou falecemento de parentes de 2º grao de afinidade ou consanguinidade: 2 días laborais.

5. O mesmo que 3 e 4 con necesidade de desprazamento:

5.1. Dentro da Comunidade Autónoma galega: 4 días laborais.

5.2. Fóra da Comunidade Autónoma galega: 5 días laborais.

6. Falecemento de tío de consanguinidade ou parentes de 3º grao: 1 día laborable.

7. Traslado de domicilio: 2 días naturais.

8. Cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal: polo tempo indispensable.

9. Para realizar funcións sindicais ou de representación de persoal: nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

10. Por lactación: as traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. A traballadora pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade.

Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai no caso de que os dous traballen.

11. Para estudios: segundo o artigo 23 do Estatuto dos traballadores, o traballador terá dereito ó desfrute de permisos para concorrer a exames, ou a unha preferencia para elixir quenda de traballo. A empresa concederá unha reducción da xornada non retribuída a aqueles traballadores que, logo de acreditación de cursos de formación, estudios, etc., soliciten o dito permiso. Esta reducción non excederá de dúas horas diarias.

12. Asistencia á consulta médica: cando por razón de enfermidade o traballador necesite asistir a consultorio médico en horas coincidentes coa súa xornada laboral, a empresa concederá o permiso necesario sen perda da retribución especificada ó comezo do artigo, debendo xustificarse o dito permiso co correspondente volante visado polo facultativo. Nel, deberá consta-la hora de consulta, xa que sen tal requisito non se aboará ningunha cantidade.

Poderán exerce-lo dereito ó dito permiso aqueles traballadores que necesiten asistir con fillos menores de 14 anos ou maiores discapacitados, ademais de familiares directos (pais, nais, avós) maiores de 65 anos ou discapacitados.

13. Para asistencia a matrimonio de pais, fillos ou irmáns de consanguinidade: 1 día natural.

14. Coidados a menores ou a diminuídos físicos ou psíquicos: o traballador que teña ó seu coidado directo un menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico, e sempre que este non desempeñe ningunha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción de xornada de traballo dun tercio da súa duración, coa correspondente diminución de salario.

15. Os traballadores poderán desfrutar de cinco días de permiso non retribuídos por motivos persoais, para o que deberán solicitalo con 48 horas de antelación e debendo ser compatibles coas necesidades da empresa.

Para efectos de aclarar conceptos utilizados nos números anteriores fanse as seguintes matizacións:

1. Considérase desprazamento todo traslado a localidade distante máis de cen quilómetros do domicilio habitual do traballador.

2. Faise extensivo o desfrute dos permisos anteriormente citados a aqueles traballadores que convivan maritalmente con outra persoa e acrediten a súa situación de convivencia por medio dun certificado expedido polo concello ou por medio do libro de familia.

3. Definición de graos de consanguinidade e afinidade:

-Consanguinidade ascendente: pais, 1º grao; avós, 2º grao; tíos, 3º grao.

-Consanguinidade descendente: fillos, 1º grao; netos, 2º grao; sobriños, 3º grao.

-Consanguinidade colateral: irmáns, 2º grao.

-Afinidade: cónxuxe, 1º grao.

-Afinidade ascendente: pais políticos, 1º grao; avós políticos, 2º grao.

-Afinidade colateral: irmáns políticos, 2º grao.

Artigo 15º.-Organización do traballo.

1. Newcopo, S.L. está estructurada en dúas ramas básicas de actividade: dunha banda, as direccións de control de xestión, comercial e de calidade; e doutra banda o denomminado centro técnico (CETEC).

Tanto as direccións como o CETEC están divididos en departamentos, fronte dos que se atopa un responsable de departamento.

Os departamentos divíndense, pola súa banda, en seccións, cada unha das cales conta con persoal específico, adscrito a ela, e ó mando do correspondente responsable de sección.

A organización do traballo dentro desta estructura empresarial, e consonte o prescrito na lexislación vixente e no presente convenio, é facultade e responsabilidade da dirección da empresa. O comité de empresa terá a función de orientación e elaboración de propostas e informes no relacionado coa dita organización do traballo.

2. De conformidade coa lexislación vixente, o comité de empresa será informado pola empresa dos traslados de posto, cambios de quenda ou sección e en todo o derivado á mobilidade funcional dos traballadores dentro da estructura organizativa da empresa.

3. Os traslados ou cambios de posto non mermarán as condicións salariais dos traballadores afectados, agás os incentivos ou complementos inherentes ó posto (prima de producción e outros) que serán os estipulados para o dito novo posto.

4. Ante a implantación dun novo sistema de prima de producción, un novo método de traballo ou nova actividade, a empresa informará previamente o comité de empresa e estudiará os informes que este puidera emitir, co obxecto de contemplar e negocia-las súas achegas á nova implantación.

5. Cando a empresa introduza novas tecnoloxías que supoñan para os traballadores modificacións substanciais nas condicións de traballo, a empresa comunicarallas ó comité de empresa, que emitirá un informe dando a súa opinión. A empresa, de acordo co comité, dará a información que estime necesaria en cada caso, para a formación e adaptación técnica dos traballadores afectados polas ditas tecnoloxías.

6. Os traballadores en período de descanso poderán utiliza-las instalacións de comedor ou servicios, evitando outras zonas por cuestión de seguridade e hixiene.

Artigo 16º.-Condicións dos contratos.

A contratación de traballadores axustarase ás normas legais xerais sobre colocación vixentes en cada momento e ás específicas que figuran no presente convenio, comprometéndose a empresa á utilización dos distintos modos de contratación previstos na lei, de acordo coa finalidade de cada un dos contratos.

Os traballadores baixo contratos eventuais terán os mesmos dereitos que os demais traballadores do cadro de persoal, salvo as limitacións derivadas da natureza do seu contrato e do presente convenio.

1. A empresa poderá subscribir contratos con empresas de traballo temporal (ETT) só nos supostos de substitución por IT, vacacións e licencias, limitándose a aplicación desta modalidade de contratación ata o 31 de decembro do ano 2000.

2. Os contratos eventuais por circunstancias da producción poderanse rexer pola acta sobre acordo nº 1 que se vai aplicar durante a vixencia do convenio colectivo de Newcopo, S.L. asinada entre a dirección da empresa e o comité da mesma o 25 de xuño de 1999.

Artigo 17º.-Técnicos e cadros.

1. Xornada laboral: será a pactada no convenio.

2. Definiranse as súas responsabilidades, funcións e obxectivos por departamentos.

3. Formación: terán dereito a unha atención preferente neste aspecto, para a posta ó día nos temas propios da súa actividade na empresa. Todo iso segundo o artigo 21º do presente convenio. Prestarase especial importancia a aspectos como formación do seu equipo, técnicas de exercicio de mando, técnicas de traballo en equipo, participación na toma de decisións.

4. Información: potenciarase o nivel de información facilitada a estes colectivos para o mellor desenvolvemento da súa función.

5. Participación: promoverase un maior nivel de participación nas decisións e propostas.

Artigo 18º.-Ascensos e provisión de vacantes.

Os ascensos realizaranse de acordo co indicado no Estatuto dos traballadores, é dicir, tendo en conta a formación, coñecemento do posto de traballo, méritos, antigüidade do traballador, así como as facultades organizativas do empresario.

Os postos vacantes serán cubertos libremente a xuízo da empresa; non obstante, á hora de toma-la decisión, terase en conta ó persoal das categorías inferiores.

A empresa comunicará ó comité de empresa as necesidades de vacantes e de postos de ascenso que se van cubrir, e atenderá as súas consideracións ó respecto.

Tódolos ascensos consideraranse feitos a proba, confirmándose a designación no caso de cobertura do posto de mando ós seis meses, e nos restantes ós tres meses, salvo que deste período de proba se deduza a falta de idoneidade para a vacante do elixido, neste caso comunicaráselle ó traballador, que continuará na súa situación anterior, quedando vacante novamente a praza.

A empresa remunerará ó traballador co salario correspondente á nova categoría profesional que se vai desempeñar durante todo o tempo que permaneza nela.

Os traballadores con categoría de auxiliar de departamento, é dicir, aqueles traballadores en período de formación xa que non teñen experiencia no posto de traballo que se van desenvolver, unha vez cumprido un ano de servicio na empresa, ascenderán automaticamente á categoría inmediata superior. Para o cómputo deste ano, a empresa terá en conta todo o tempo de servicio que o traballador prestase nela, no caso de que este período fora interrompido e sempre que sexa para o desenvolvemento da mesma función.

Se o posto de traballo desenvolvido por este tipo de contrato ten continuidade na empresa, esta non substituirá o traballador contratado por outro nas mesmas condicións.

Artigo 19º.-Creación de emprego fixo.

Ó longo da vixencia do presente convenio, a empresa comprométese a converter en fixas a aquelas persoas que estando en situación de temporais cumprisen o prazo establecido segundo a lexislación vixente e continúen traballando na empresa.

Durante o ano 1999 a empresa comprométese, tal e como se recolle na acta sobre acordo nº 2 que se vai aplicar durante a vixencia do convenio colectivo de Newcopo, S.L. asinada entre a dirección da empresa e o seu comité o 25 de xuño de 1999, a converter en fixas a 5 persoas.

En canto ás vacantes por xubilación, invalidez ou morte que puideran xerar postos fixos, negociaranse cada ano.

Cando a empresa queira facer uso do dereito concedido no artigo 52.1º c do Estatuto dos traballadores e conforme o procedemento establecido no artigo 53º deste texto legal, deberá entregar unha memoria explicativa que faga referencia á causa de extinción, tanto ó traballador ou traballadores afectados como ó representante ou representantes dos traballadores da empresa.

Sen prexuízo da eficacia e executividade do acordo extintivo, conforme o procedemento establecido na lei, os representantes dos traballadores emitirán informe motivado sobre a decisión empresarial e a causa extintiva alegada no prazo de catro días hábiles.

Estes informes enviaránselle á empresa para que figuren como anexo ó expediente, entendéndose que, se transcorrido o prazo establecido para a súa emisión sen o facer, se desiste de tal dereito.

O procedemento establecido neste artigo non suspenderá os prazos previstos no artigo (53.1º c) do Estatuto dos traballadores.

Esta cláusula considérase para tódolos efectos de carácter obrigacional.

Artigo 20º.-Capacidade diminuída.

No suposto de incapacidade permanente parcial, o traballador afectado terá un dereito preferente para ocupar aquel posto de traballo que poida desempeñar con eficacia suficiente no seu estado de invalidez. Abrirase un expediente no que será preceptivo un informe médico sobre a adecuación do traballador ó novo posto, de acordo coas súas condicións físicas e/ou psíquicas, que será comentado co comité de empresa.

Artigo 21º.-Formación.

Potenciarase a política de formación para posibilitar:

-Un mellor desenvolvemento profesional do posto.

-A adecuación dos recursos humanos ós cambios organizativos e tecnolóxicos.

-O desenvolvemento dun mando e unha toma de decisións máis participativa.

-A creación de novas expectativas de ascenso.

-A adaptación dos novos empregados á empresa.

1. Continuarase coa potenciación dos cursos de formación, ampliándoos sucesivamente.

A empresa consultará previamente co comité de empresa a posta en marcha dos plans de formación.

Así mesmo fomentarase a formación do persoal apropiado no tocante ó coñecemento das novas tecnoloxías que se poidan aplicar na empresa.

Evitaranse novas contratacións sempre que o persoal actual poida formarse ó nivel de coñecementos técnicos requiridos pola empresa e nun prazo razoable definido por aquela.

2. A asistencia ós cursos de formación que organice e/ou contrate a empresa en horas laborais será obrigatoria para os grupos de traballadores que se determine, salvo naqueles casos nos que se estableza expresamente o seu carácter voluntario. Tanto os mandos como o comité de empresa colaborarán na difusión das accións formativas que se promovan.

En todo caso será obrigatoria a asistencia naqueles casos de convocatorias como antecedente obrigado para certas promocións, cando a necesidade de formación sexa requirida para o adecuado e seguro desenvolvemento do contido do posto de traballo.

3. Estudiaranse por parte da empresa as peticións de permisos extraordinarios solicitados polos traballadores que teñen como fin a formación propia ou a reciclaxe.

4. Crearase unha comisión de formación, que estará composta por dous membros do comité de empresa e dous representantes da empresa. Tódolos cursos de formación continua, que sexan impartidos ou subvencionados polos organismos oficiais (Forcem, Comisión Territorial de Galicia, ETC), serán acordados pola dita comisión.

5. Cando os cursos se realicen dentro da xornada laboral a empresa aboará os km percorridos para asistir ó curso e o importe da comida, sempre que proceda o pagamento destes conceptos, polos seguintes importes:

-Km: 42 ptas.

-Comidas: máximo de 1.100 ptas. para 1999, logo de presentación de xustificante.

Para o ano 2000 os devanditos importes veranse aumentados no incremento xeral de convenio previsto para o dito ano.

6. Cando os cursos se realicen fóra da xornada laboral distínguense entre:

a) Cursos realizados en Mos ou concellos limítrofes: a empresa aboará a cantidade simbólica de 750 ptas./hora curso (cantidade na que xa están engadidos os km), así como o importe da comida, cando o tempo transcorrido entre o fin da xornada laboral e o comezo do curso sexa inferior a dúas horas. O importe da comida será aboado logo de presentación de xustificante e por unha cantidade máxima de 1.100 ptas.

b) Resto dos casos: a empresa aboará tódolos gastos orixinados pola asistencia dun traballador a un curso, logo de presentación dos correspondentes xustificantes.

7. En tódolos casos de asistencia a cursos recollidos nos puntos anteriores, a dirección da empresa poderá esixi-la presentación de certificados do centro de ensino que acrediten a asistencia do interesado.

8. Os asistentes ós cursos de formación deberán cumprir co procedemento interno en vigor, cubrindo a ficha de valoración que porá á súa disposición a empresa.

Artigo 22º.-Excedencias.

Haberá que aterse ó establecido no Estatuto dos traballadores e leis complementarias sobre o particular.

Aquelas persoas cunha antigüidade mínima de catro anos terán dereito a solicitar unha excedencia equivalente á duración dun curso lectivo e destinado á formación do solicitante.

Así mesmo sobre as excedencias por maternidade, seguirase o disposto na Lei 3/1989, do 3 de marzo de 1989 e demais disposicións legais de aplicación.

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitará roupa apropiada de traballo ó persoal seguinte:

1. Persoal de taller.

Efectuaranse tres entregas anuais da seguinte forma:

-1ª entrega: do 15 ó 31 de marzo.

-2ª entrega: do 1 ó 15 de xullo.

-3ª entrega: do 15 ó 31 de outubro.

Ó persoal de taller facilitaráselle-las seguintes pezas, en cada unha das entregas:

a) Un conxunto chaqueta curta-pantalón.

b) Unha camisa ou polo de manga curta.

c) Xogo de botas de seguridade.

d) Gorro ou gorra.

e) Lentes de plástico para repasar.

Ademais da entrega ordinaria, tamén se lles facillitará ó incorporarse ó posto de traballo un mandil de coiro, unha pantalla de soldar, unha amoladora, ademais dun «kit» de ferramentas.

2. Persoal da planta piloto e laboratorios.

Facilitaráselles, coincidindo coas datas sinaladas no punto anterior, un conxunto de chaqueta curta e pantalón, dúas batas e o calzado apropiado, que poden ser zocos ou tenis. Todo isto sempre que sexa necesario dadas as características do posto de traballo desempeñado.

3. Persoal de oficinas técnicas/metroloxía.

Ó persoal dos departamentos técnicos facilitaráselles unha bata ó ano, na época coincidinte coa 1ª entrega do taller: do 15 ó 31 de marzo.

4. Ó persoal de nova incorporación á empresa comprendido nos grupos anteriores, facilitaráselles unha entrega dobre da roupa e/o calzado que corresponda. A seguinte entrega será normal.

5. Se algún dos traballadores tivese a súa roupa de traballo en malas condicións, como consecuencia da actividade que desempeña, terá dereito á súa reposición, logo de xustificación.

6. Todo productor que cause baixa por enfermidade ou accidente, por un tempo de oito meses, recibirá unha soa entrega. Se a baixa fora por doce meses non terá dereito a entrega ningunha.

7. Tódalas pezas de roupa e material entregado ó persoal, terá que ser aprobado e revisado polo comité de seguridade e saúde laboral.

Os traballadores deberán asinar xustificante de recepción do material posto á súa disposición no momento da entrega.

Artigo 24º.-Seguridade e saúde laboral.

Crearase o comité de seguridade e saúde laboral, que será unha comisión paritaria formada por dous membros representantes da empresa, á súa libre elección, e os dous delegados de prevención como representantes dos traballadores.

Durante a vixencia do presente convenio colectivo aplicaranse as normas de seguridade e saúde que para tal efecto aprobe o comité de seguridade e saúde laboral.

Acórdanse ademais as seguintes cláusulas:

1. O comité de seguridade e saúde laboral fará chegar á dirección da empresa, no mes de xullo de cada ano, as súas propostas de melloras nesta materia para o seu estudio e posible inclusión no plan de investimentos do ano seguinte.

2. Concédeselle a cada un dos membros do comité de seguridade e saúde un día libre cada tres meses co fin de inspeccionar, xunto co secretario do dito comité as instalacións e os productos. O comité de seguridade e saúde avisará con 48 horas de antelación ó responsable de sección afectada, qué persoa tomará o dito día.

O día libre para inspección tomarano os integrantes do comité de seguridad e saúde laboral de un en un. Os integrantes do comité que realicen a inspección confeccionarán un informe por escrito que se enviará á xerencia e ó comité de empresa.

3. Os integrantes do comité de seguridade e saúde laboral terán as mesmas garantías que os membros do comité de empresa en canto á apertura de expedientes contradictorios e despedimentos por sanción de acordo co exercicio da súa representación.

4. A elección dos representantes dos traballadores dentro do comité de seguridade e saúde laboral realizarase por votación entre os propios membros do comité de empresa.

5. Toda traballadora que realice o seu traballo por quendas, e estea en situación xestante, realizará o seu traballo na quenda que ela elixirá, sempre e cando non altere o equilibrio entre tódalas quendas, sendo, en última instancia, a comisión paritaria quen decida ó respecto.

Artigo 25º.-Desprazamentos.

O persoal que por petición da empresa teña que desenvolve-lo seu traballo fóra dela terá dereito ó reembolso de tódolos gastos de transporte, aloxamento e comidas nas que incorra con ocasión do dito desprazamento, logo de presentación das facturas e/ou xustificantes correspondentes.

A empresa anticipará diñeiro en efectivo ou facilitará tarxeta de crédito, para cubri-los gastos previstos en cada desprazamento, coa obriga de posterior xustificación e liquidación dos gastos efectivamente habidos.

1. Para desprazamentos superiores a 50 quilómetros e de curta duración, entendendo por tales os que teñan unha duración inferior a 30 días, estableceranse as seguintes condicións:

a) De 1 a 6 días ininterrompidos, incremento do 35% da retribución diaria total para todo o tempo que dure o desprazamento, exceptuando os traballadores con categorías iguais ou superiores a responsables de sección, así como aqueles traballadores que para o normal desenvolvemento da súa actividade na empresa requiran desprazarse habitualmente.

b) De 7 a 14 días ininterrompidos, incremento do 35% da retribución diaria total para todo o tempo que dure o desprazamento.

c) De 15 a 21 días ininterrompidos, incremento do 50% da retribución diaria total para todo o tempo que dure o desprazamento.

d) De 22 a 30 días ininterrompidos, incremento do 50% da retribución diaria total para todo o tempo en que dura o desprazamento, máis un día libre retribuído.

Para estes efectos entenderase por retribución diaria a remuneración total percibida polo traballador incluíndo, se é o caso, as horas extras realizadas durante o desprazamento.

O desprazamento considerarase ininterrompido cando a empresa non se faga cargo dos gastos de viaxe ó seu domicilio habitual nos que poida incorre-lo traballador durante o período do desprazamento. Polo contrario, considerarase ininterrompido cando estes gastos sexan a cargo da empresa.

O cómputo dos días de duración efectiva do desprazamento calcularanse do seguinte modo:

a) Tomaranse as horas desde o inicio ata o fin do desprazamento.

b) A cantidade resultante de horas dividirase entre 24.

c) O resultado redondearase por exceso sempre que sexa maior ou igual a 0,5.

2. Para os desprazamentos superiores a 50 quilómetros e de longa duración, é dicir, por tempo superior a 30 días ininterrompidos, aboarase un incremento do 50% sobre a retribución diaria e concederanse dous días libres retribuídos por cada mes que dure o desprazamento.

Estes días de vacacións desfrutaranse ó regreso no domicilio de orixe do traballador.

3. Seguros de vida, enfermidade e asistencia en viaxe.

A empresa concertará para tódolos seus traballadores desprazados por máis de oito días a un país da Unión Europea e a partir do primeiro día no caso de desprazarse fóra da Unión Europea, e para todo o tempo que dure o desprazamento, seguro de vida 24 horas por un importe de 15.000.000 de ptas., e seguro de enfermidade e asistencia en viaxe.

4. O traballo que presten os traballadores contratados pola empresa cando desenvolvan o seu servicio no estranxeiro someterase estrictamente á lexislación española e ó presente convenio. En consecuencia, os ditos traballadores terán como mínimos os dereitos económicos que lles corresponderían no caso de traballar en territorio español. O traballador e o empresario someterán os seus litixios á xurisdicción laboral española.

TÍTULO III

Aspectos sociais

Artigo 26º.-Seguro de vida.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de seguro a favor dos traballadores da empresa, para cubri-las seguintes indemnizacións polas seguintes causas:

Ano 1999:

-Morte: 2.458.304.

-Inc. Perm. Abs.: 2.458.304.

-Morte por accidente: 4.916.607.

-Morte Acc. tráfico: 7.374.911.

-Inc. Perm. total Com./Prof.: 2.458.304.

Este último seguro será custeado polas bonificacións do seguro de vida, e a diferencia ata o custo total, por achega da empresa.

Para o ano 2000 os devanditos importes veranse aumentados no incremento xeral de convenio previsto para o dito ano.

A empresa poderá anticipar ó afectado un importe equivalente a 1.000.000 de ptas. sobre as cantidades devanditas, importe que se fará efectivo a través da comisión do fondo social.

Artigo 27º.-Fondo social.

Dotarase ó fondo social con 375.000 pesetas para o ano 1999 e con 400.000 pesetas para o ano 2000, que será adminiistrado por unha comisión formada por dous membros do comité de empresa e dous representantes da empresa.

O fin do fondo é atende-las axudas de carácter social que sexan solicitadas polo persoal ó que afecta o convenio.

O fondo social rexerase polas normas de funcionamento aprobadas pola dita comisión.

Artigo 28º.-Comedor.

A empresa, aboará os gastos de comidas, orixinados por necesidades dela, na contía fixa de 1.600 pesetas por comida para o ano 1999 e sempre que a xornada laboral se alongue nunha hora ou máis e para o ano 2000 nesa contía fixa mailo incremento pactado para o dito ano. Queda excluído o caso do persoal contratado en réxime de quenda partida, a cal terá dereito ó cobramento da dita cantidade no caso de que realice horas extras durante o período de tempo destinado á comida.

Así mesmo, a empresa aboará a todo o persoal con quenda partida, os gastos de comida na contía máxima de 1.100 pesetas o ano 1999 e o ano 2000 nesa contía máxima mailo incremento pactado para o dito ano, logo de presentación de xustificante.

Artigo 29º.-Anticipos.

O persoal terá dereito ós anticipos estipulados legalmente (Art. 29 ET: anticipos sobre o xa traballado). Os anticipos extraordinarios para outros fins serán obxecto dun estudio particular por parte da empresa.

O traballador que o solicite poderá pedir un anticipo equivalente ó importe total das gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios, sendo en última instancia a comisión de xestión do fondo social a que dictamine sobre a súa concesión.

Artigo 30º.-Quilometraxe.

O importe do quilómetro para desprazamentos con vehículo propio por necesidades da empresa fíxase en 42 pesetas/km brutas para o ano 1999 e para o ano 2000 o devandito importe verase aumentado no incremento pactado para o dito ano. Inclúe tamén os desprazamentos á mutua de accidentes tanto por revisión periódica como por asistencia médica por accidente de traballo.

Artigo 31º.-Axuda por fillos diminuídos.

A petición do comité de empresa e para as persoas que se solicite, durante a vixencia do presente con

venio, a empresa aboará a cantidade mensual de 34.000 pesetas no ano 1999 e a dita cantidade máis o incremento xeral do convenio para o ano 2000, por cada fillo diminuído físico ou psíquico recoñecido pola Seguridade Social e que estea a cargo do traballador.

TÍTULO IV

Aspectos sindicais

Artigo 32º.-Asembleas.

No que a esta materia se refire seguirase o establecido no Estatuto dos traballadores sobre o dereito de reunión. A comunicación á empresa e demais requisitos efectuaranse polo menos con 48 horas de antelación.

A empresa, a petición do comité de empresa, autorizará asembleas para tratar asuntos importantes e urxentes.

Artigo 33º.-Acumulación de horas sindicais.

As horas establecidas para os membros do comité de empresa son 21 horas por membro, e poderán ser acumuladas anualmente para un ou varios membros do dito comité, sempre e cando se indique á dirección de empresa a distribución delas.

Artigo 34º.-Dereitos sindicais.

O comité de empresa terá dereito a ter coñecemento e control de tódolos contratos de traballo do persoal suxeito a este convenio, conforme a Estatuto dos traballadores artigo 8 apartado 3.A.

O comité de empresa terá coñecemento con anterioridade de calquera sanción ou despedimento dun traballador do cadro de persoal.

Artigo 35º.-Taboleiros de anuncios.

A empresa porá a disposición dos traballadores tres taboleiros de anuncios que poderán ser utilizados polos seus representantes e os sindicatos máis representativos; un deles colocarase nas instalacións de planta piloto, outro no departamento de utensilios, e o terceiro nas oficinas centrais.

TÍTULO V

Conceptos económicos

Artigo 36º.-Retribucións e masa salarial bruta.

1. Os salarios do persoal para 1999 serán os sinalados na táboa salarial anexa. Para o ano 2000 en tódolos conceptos económicos non indicados expresamente acórdase un incremento igual ó IPC real+0,3 puntos.

Malia o disposto no parágrafo anterior, os salarios e remuneracións establecidos no presente convenio teñen o carácter de mínimos, podendo ser mellorados por concesión da empresa ou contratos individuais de traballo.

2. Definición de masa salarial bruta.

A masa salarial bruta estará integrada polos seguintes conceptos:

a) Salario base.

b) Beneficios e complementos.

c) Incentivos e primas de producción.

d) Pagas extraordinarias.

e) Complementos de posto de traballo.

f) Retribución por horas extraordinarias.

g) Complemento persoal.

Enténdese por complemento persoal o complemento que recolle o montante de diñeiro que lle resta a un traballador unha vez descontado o importe correspondente ós seguintes conceptos: salario base, complemento de asistencia, complemento de puntualidade (que figuran na táboa salarial anexa), complemento de antigüidade, complemento de convenio 1994, retribución por horas extraordinarias e retribución por prima de producción, tendo en conta que os catro últimos conceptos se recollerán só no caso de que o traballador teña dereito a cobralos.

O complemento persoal considérase consolidable e terá, para tódolos efectos, carácter de non absorbible.

Estes conceptos estarán referidos a tódolos traballadores da empresa excepto alta dirección, responsables de departamento, e aqueles con condicións individuais pactadas en contrato.

Artigo 37º.-Complemento de antigüidade e complemento de convenio 1994.

1. Complemento de antigüidade.

O complemento de antigüidade consistirá en seis trienios do 5% cada un, calculado sobre o salario mínimo interprofesional aprobado anualmente por real decreto do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, incluídas o número de pagas extras reflectidas neste convenio que ascenden a 15 por ano.

2. Complemento de convenio 1994.

O complemento de convenio 1994 mantense para o persoal de Grupo Copo, S.A. que o vén percibindo, sendo o seu importe o equivalente á diferencia entre o 30% do salario base da táboa salarial vixente en 1993 e o complemento de antigüidade mencionado no número 1 deste artigo.

Este complemento de convenio terá carácter de absorbible nos anos vindeiros na mesma contía no que se incremente o complemento de antigüidade.

3. Agora ben, todo traballador que a 31-12-1993, xa tivese unha antigüidade na empresa que dese lugar a un complemento de antigüidade do 30%, a porcentaxe maior por aplicación do complemento de antigüidade vixente en 1993, consolidará para 1994 a porcentaxe aplicable en 1993 e incrementarase coa parte da porcentaxe que correspondese ó 31-12-1993 en función do tempo transcorrido desde o devengo do último quinquenio. Polo tanto, o seu complemento de convenio será o resultado de aplica-la porcentaxe sobre a táboa salarial vixente en 1993 minorado polo complemento de antigüidade calculado en conformidade co artigo 37º.1.

Artigo 38º.-Complemento de asistencia e complemento de puntualidade.

O importe destes dous complementos percibiranse na contía fixa mensual que figura na táboa salarial anexa. Estes dous complementos cobraranse por día efectivo de traballo.

Os atrasos que se produzan á hora de entrada ou faltas parciais ó traballo nun día determinado implicarán a perda da parte proporcional do complemento de asistencia (sempre que o atraso sexa superior a unha hora) e do cento por cento do complemento de puntualidade dese día.

Nas faltas ó traballo durante todo o día, non se pagará o importe de ámbolos complementos do dito día, exceptuando as licencias e permisos recollidas

no artigo 14º do presente convenio (salvo nas que se indique o contrario), así como as saídas ó consultorio médico por razóns de enfermidade do traballador.

Artigo 39º.-Complemento de toxicidade.

Este complemento está integrado no salario base que figura na táboa salarial anexa e constitúe un dez por cento del.

Artigo 40º.-Complemento de nocturnidade.

Este complemento será do 30% sobre tódolos conceptos salariais, pagándose o dito complemento na xornada comprendida entre as 22 e as 6 horas, excepto no caso de darse a 2ª quenda de 14.30 a 22.30 horas para o grupo horario con solape, xa que neste caso a œ hora que excede das 22 horas non xerará dereito ó cobramento do complemento de nocturnidade. Cando por necesidades da empresa o persoal teña que prolonga-la súa xornada laboral despois das 6 horas, para efectos de cobramento será considerado como horas nocturnas.

Artigo 41º.-Baixas por accidente.

Nas baixas por accidente garánteselle ó traballador afectado o cento por cento da súa retribución, incluíndo a prima de producción se estivera suxeita a ela. Para o cálculo desta, tomarase como base o importe/hora que se obteña no mes correspondente, excluíndo as horas de baixa por accidente para o seu cálculo.

Artigo 42º.-Baixas por enfermidade.

Nas baixas por enfermidade, sempre e cando o afectado necesite hospitalización, a retribución do traballador será do cento por cento da base de cotización do mes anterior, só durante o período de hospitalización e sempre que o dito período non supere os oitenta días. No resto de baixas por enfermidade cobrarase a razón do seguinte:

Nos 3 primeiros días de baixa haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente ou normas concordantes.

70% da base tarifa do mes anterior desde o 4º día ata o 20º día.

95% da base tarifa do mes anterior a partir do día 21 de baixa.

Estudiaranse aquelas baixas de enfermidade que, logo de informe médico, e de acordo coas súas características, puideran ser merecedoras do cobramento do 100% da súa retribución.

Artigo 43º.-Gratificacións extraordinarias.

1. As gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios serán aboadas, para todo o persoal, na contía fixa dunha mensualidade do salario base, complemento de asistencia e puntualidade da táboa salarial anexa, así como a antigüidade, complemento de convenio 1994 e complemento persoal correspondentes.

As datas de pagamento das gratificacións de xullo e Nadal serán efectivas os días 15 de xullo e 15 de decembro respectivamente, sendo a de beneficios o 25 de xaneiro do ano seguinte. No caso de que algún día dos fixados coincidise cun día inhábil, pagaríanse o primeiro día hábil seguinte.

Artigo 44º.-Prima de producción.

O método de cálculo recóllese como anexo ó convenio.

Artigo 45º.-Horas extraordinarias.

A empresa e o comité acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordianrias de acordo cos seguintes criterios:

1. Horas extraordinarias habituais:

Suspensión.

2. Horas extraordinarias motivadas por forza maior:

Enténdese como tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización.

3. Horas extraordinarias estructurais:

Co fin de clarificar este concepto, entenderanse como tales as necesarias por períodos punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas, substitución de horas sindicais ou outras circunstancias de carácter estructural como avarías ou mantemento urxente, todo isto, sempre que non poidan ser substituídas por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

A dirección da empresa entregará ó comité de empresa copia do rexistro mensual de tódalas horas extraordinarias, indicando o nome do traballador, sección onde se realizarán, causas delas e número delas. Así mesmo, e en función desta información e cos criterios sinalados anteriormente, a empresa e o comité determinarán o carácter e natureza das horas.

Por razóns de tipo operativo a comunicación a cada traballador das horas extraordinarias realizadas por el mesmo será mensual.

As horas extraordinarias realizadas por causas de forza maior e as estructurais non terán cargo nas cotizacións á Seguridade Social a que se refire o Real decreto 2001/1983, de xullo e ós reais decretos 1858/1981, do 20 de agosto, e 1/1985, do 5 de xaneiro.

Para isto notificaránselle mensualmente á autoridade laboral, conxuntamente pola empresa e o comité.

O valor da hora extraordinaria para 1999 será o indicado, en cada categoría, no anexo da táboa salarial e para o ano 2000 o resultado de aplicarlle a este valor o incremento xeral de convenio previsto para o dito ano.

TÍTULO VI

Conceptos legais

Artigo 46º.-Lexislación aplicable.

No referente ó que non estea expresamente disposto neste convenio, seguirase o que determine o Estatuto dos traballadores, e demais disposicións concordantes.

Artigo 47º.-Comisión negociadora.

Está constituída por Javier Gutiérrez Muñoz e Miriam Pitarque Cruces, en nome e representación da empresa Newcopo, S.L. e o comité de empresa, representante legal dos traballadores.

Asinado:

O representante da empresaO comité de empresa

Prima de producción

1. Método de cálculo da prima de producción.

1.1. Nivel de actividade (NA):

O nivel de actividade é o parámetro que determina o valor da hora correspondente á prima. O responsable do departamento de utensilios xunto co responsable do taller establecen os valores monetarios que correspondan a cada nivel de actividade. Os niveis van desde un mínimo de 100 ata un máximo de 140.

1.2. Nivel de actividade proposto (NP):

O nivel de actividade proposto son as horas máximas outorgadas para cada traballo; establéceo o responsable do departamento de utensilios, tendo en conta a súa dificultade, prazo de entrega, oferta, etc.

1.3. Cálculo da prima de producción (P):

O nivel de actividade determinará a prima segundo as seguintes fórmulas:

NP

x100= NA

H

NP= nivel de actividade proposto (horas).

H= tempo real de execución do traballo (horas).

NA= nivel de actividade.

P= pxH

P= prima (ptas.).

p= prima/hora (ptas.).

H= tempo real de execución do traballo (horas).

Os traballos nos que non se determine o nivel de actividade proposto tomarase un nivel de actividade de 100, agás nas modificacións, para as que o nivel de actividade será de 120.

2. Cadro da prima de producción.

Nivel de actividadePtas. RD/ADPtas. AT/RT/MOD.

10044,8444,84

10144,8944,17

10244,9951,25

10345,6154,32

10446,1257,4

Nivel de actividadePtas. RD/ADPtas. AT/RT/MOD.

10546,6360,47

10647,1564,57

10747,9167,65

10848,6870,72

10949,7173,8

11050,7376,87

11151,5079,95

11253,383,02

11354,8386,61

11456,3790,2

11557,9193,27

11659,4596,35

11760,9899,42

11862,52102,5

11964,57105,57

12066,62108,65

12170,21111,72

12273,8114,8

12378,92117,87

12484,05120,95

12590,2123

12696,35125,05

127103,52127,1

128110,7129,15

129117,87130,68

130125,05132,22

131127,1133,76

132129,15135,3

133131,2136,32

134133,25137,35

135134,78138,37

136136,32139,4

137137,86139,91

138139,4140,42

139140,16140,68

140140,93140,93

Para o ano 2000 os devanditos importes veranse aumentados no incremento xeral de convenio previsto para o dito ano.