Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 17 de setembro de 1999 Páx. 11.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Concello de Vilanova de Arousa vai proceder á contratación, mediante concurso con procedemento aberto, da seguinte obra:

Obxecto: mellora de electrificación no medio rural-tramo centro praia-As Sinas.

Orzamento: 6.937.647 pesetas.

Prazo de execución: 45 días.

Proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello, en horas de 9 a 13, durante o prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó do último dos anuncios que se publiquen no BOP ou no DOG.

Prego de condicións: poderá recollerse no Negociado de Contratación de 9 a 13 horas.

Vilanova de Arousa, 6 de setembro de 1999.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde