Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 17 de setembro de 1999 Páx. 11.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle IV-12 Ramón Nieto, 6 (expediente 4999/411).

O Pleno do Concello, en sesión do día 28 de xullo de 1999, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da UE IV-12 Ramón Nieto 6, presentado por Enrique Ramírez Piñeiro en nome e representación da entidade Pirsa O Grove, S.A., redactado polos arquitectos José Luis Pereiro Alonso e Borja Ramilo Méndez, visado polo COAG con datas de 3 de novembro de 1998, 13 de xaneiro e 2 de xuño de 1999, segundo as determinacións da súa aprobación inicial e as modificacións resultantes da alegación presentada pola citada entidade durante o período de información pública do expediente (alegación nº 1).

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se

ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 8 de setembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo