Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 17 de setembro de 1999 Páx. 11.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Cervo (Lugo), pola que se anuncia o concurso tramitado para adxudicar,

mediante procedemento aberto e urxente, a obra denominada: Urbanización Río Covo-San Cibrao. (Expediente PIEL: 213.1).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Cervo.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: execución da obra denominada Urbanización Río Covo-San Cibrao.

a) Descrición do obxecto: as obras que se van executar son as que figuran no proxecto denominado Urbanización Río Covo-San Cibrao, aprobado pola corporación.

b) Lugar de execución: vías de San Cibrao a Río Covo, descritas no proxecto.

c) Prazo de execución: o prazo máximo no que deberán ser executadas e entregadas as obras é de catro meses seguintes á formalización do contrato e realización da comprobación do planeamento. En todo caso a tramitación do expediente contractual e a execución das obras acomodarase ós prazos establecidos no Decreto 118/99, do 23 de abril (DOG nº 86, do 6 de maio de 1999).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Este procedemento contractual adxudicarase por vía de concurso e por procedemento aberto e urxente.

4. Orzamento base de licitación: total: 17.831.942 ptas., IVE, demais impostos e gastos incluídos.

A financiamento desta contratación farase con cargo á subvención finalista dentro do PIEL 1999.

5. Garantías: para este contrato fíxase unha garantía provisional equivalente ó 2% do orzamento (356.639 ptas.).

A garantía definitiva será igual ó 4% do orzamento do contrato.

6. O prego de cláusulas administrativas particulares, xunto co proxecto técnico, estarán á disposición dos interesados na Secretaría Municipal, en horario de oficinas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e non estean afectadas por ningunha das circunstancias que enumera o artigo 20 da Lei 13/1995.

Dado o orzamento das obras proxectadas, de acordo co artigo 25 da Lei 13/1995, non é preciso que os concursantes ou licitadores obteñan a oportuna clasificación, sen prexuízo da súa valoración.

Non obstante, a solvencia financeira acreditarase nos termos do artigo 16 da citada Lei 13/1995; e, a solvencia técnica nos termos do artigo 17 desta, así como segundo as especificacións sinaladas no propio prego.

8. Presentación de proposicións.

Serán presentadas polos interesados, en horario de oficina, dentro dos trece días naturais seguintes ó da publicación do presente anuncio de licitación no BOP. Así mesmo, poderán presentarse proposicións na forma prevista na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

En todo caso respectaranse as formalidades prescritas na cláusula 11.2 do prego.

Lugar de presentación: Concello de Cervo. Praza do Concello, 1, 27891 Cervo.

9. Cualificación da documentación e apertura de ofertas: pola mesa de contratación constituída para estes efectos pola Comisión Informativa de Obras, Proxectos e Asuntos Xerais, convocada para o efecto para as 12 horas do día hábil posterior ó prazo de presentación de proposicións. Se este día coincidise en festivo ou sábado, prorrogarase automaticamente ó seguinte día laborable á mesma hora.

10. Os gastos do presente anuncio e outros derivados da contratación serán pola conta do adxudicatario.

11. Información complementaria nos servicios administrativos e técnicos municipais en horario establecido para o efecto.

Cervo, 2 de setembro de 1999.

José Insua Pernas

Alcalde

Manuel Ángel Jove Losada

Secretario accidental