Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 17 de setembro de 1999 Páx. 11.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

A Corporación municipal, na sesión do día da data, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias deste municipio, no sector J, por solicitude do Gabinete GARPE Asociados de Ourense, S.L. e Campos Salgado, S.L.

A documentación técnica foi redactada polos arquitectos Daniel Rodríguez Fernández e José Martínez Rodríguez, constando o informe previo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.1º, 49.2º e 50.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese o trámite de información pública durante o prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados poidan examina-lo expediente na secretaría municipal e formula-las reclamacións que coiden pertinentes.

Barbadás, 30 de agosto de 1999.

O alcalde

Rubricado