Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 17 de setembro de 1999 Páx. 11.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno en sesión do 8 de setembro de 1999, acordou a contratación mediante concurso con procedemento aberto urxente con mellora sobre proposta de prestación aprobada por esta corporación, das obras que se sinalarán de conformidade co prego de cláusulas administrativas de xeral aplicación do Concello de Xove, (BOP nº 118 do 24 de maio de 1996), para o contrato coas características que se indican de seguido:

Cadro de características do contrato:

1. Proxecto: dotación de servicios no centro cívico de Xove.

2. Tipo de licitación: 30.565.988 ptas. (IVE incluído).

3. Partida: 461.

4. Prazo de execución: 12 meses.

5. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral do Concello de Xove, (Camiño Real s/n, Xove).

6. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais.

7. Fianza provisional: 611.320 ptas.

8. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: obra incluída no fondo de cooperación-piel coas entidades locais para 1999, cofinanciada coa Consellería de Economía e Facenda.

10. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas (BOP nº 118, do 24 de maio de 1996).

Xove, 9 de setembro de 1999.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

ANEXO

Modelo de proposición.

Don/a ..... con domicilio na rúa nº ..... teléfono con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº ..... actuando en nome propio (ou en representación de DNI ou CIF nº ..... e con domicilio en nº teléfono .....) toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de ..... e para estes efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de ..... ptas., que significa unha baixa de ..... ptas., en relación co tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3) Que se compromete a efectua-las melloras sobre a proposta prestada pola Administración, que se indican ..... e que se compromete á realización de unidades de obra adicional, que serán determinadas pola Administración por un importe total de ..... (en letra e número ptas.) valoradas ós prezos unitarios figurados no proxecto, é dicir a prezos de execución material.

4) Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En ..... de ..... de 19...

O/a licitador/a (asinado e rubricado)

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación das obras de ..... presentada por: ......

En .....o ..... de ..... de 19...

O/a licitador/a (asinado e rubricado)