Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 16 de setembro de 1999 Páx. 11.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

Resolución da Alcaldía de Sada pola que se anuncia a adxudicación mediante concesión administrativa, polo procedemento aberto e concurso, dos ser

vicios deportivos de piscina municipal e pavillón deportivo municipal de Sada.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP anúnciase concurso, polo procedemento aberto, para adxudica-la xestión por concesión dos servicios anteriormente mencionados, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a concesión administrativa dos servicios deportivos de piscina e pavillón deportivo municipal de Sada.

2. Duración do contrato: será de catro anos contados a partir da data de notificación do acordo de adxudicación, podendo ser prorrogado este prazo por anualidades sucesivas.

3. Canon: non se fixa canon. Non se admiten variantes.

4. Garantías provisional: será de 500.000 ptas.

5. Garantía defintiva: 1.000.000 de ptas.

6. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes á publicación deste anuncio no BOP, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

7. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP.

8. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentación de proposicións.

Sada, 9 de setembro de 1999.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde