Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 16 de setembro de 1999 Páx. 11.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ZAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 7 de setembro de 1999, o prego de condicións económico-administrativas que rexerán a contratación mediante concesión, da xestión integral do servicio de abastecemento de auga potable no termo municipal de Zas e en cumprimento do previsto no artigo 121 do Regulamento de servicios das corporacións locais, exponse ó público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio. Durante o citado prazo poderá examinarse o expediente, solicitar copia do prego e presenta-las alegacións reclamacións que se coiden oportunas.

Zas, 7 de setembro de 1999.

Ernesto Rieiro Oreiro

Alcalde-presidente