Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 16 de setembro de 1999 Páx. 11.347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GOMESENDE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Gomesende (Ourense).

2. Obxecto do contrato:

-Execución das obras de abastecemento e saneamento en Matamá e Pombiña.

-Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 12.080.000 pesetas.

5. Garantías:

Provisional: 2 por 100 do orzamento base de licitación. As empresas clasificadas para a contratación de obras non terán que presentala.

6. Obtención de documentación e información:

Na Casa do Concello de Gomesende (Sobrado). Teléfono: 988 48 50 00 ata o día en que remate o prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas:

As ofertas presentaranse no propio concello ou mediante os sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións, e no prazo dos trece días naturais contados desde a publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

8. Apertura das proposicións económicas:

Na casa do concello ás trece horas do cuarto día hábil seguinte (excepto sábados), ó de finalización do prazo de presentación de oferas.

9. Modelo de proposición:

Expediente de contratación das obras de...

Don/Dona..., con domicilio en..., núm..., DNI..., en nome propio (ou en representación de...) informado/a da convocatoria para a contratación de referencia, fai constar:

a) Que está en plena posesión da súa capacidade de obrar; non está incurso/a en ningunha prohibición para contratar coa Administración, reúne os requisitos de solvencia económica, financeira e técnica necesarios para o efecto e dispón da clasificación requirida.

b) Que acepta cantas obrigas se derivan do prego de condicións e comprométese a cumpri-lo contrato con estricta suxeición á normativa aplicable.

c) Outras circunstancias.

c.1. Comprométese a executa-las obras polo prezo total de pesetas... (en letra e número).

c.2. Ofrece as seguintes melloras, de conformidade co previsto no prego:... (detallar).

(Lugar, data e sinatura do propoñente).

Gomesende, 30 de agosto de 1999.

Radigundo Castro Fernández

Alcalde