Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 16 de setembro de 1999 Páx. 11.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula a instructora do expediente sancionador P-186/1998 e P-231/1998 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución, dictada pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, se están tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente

Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 10 de agosto de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-186/1998.

Denunciado: Mauricio Reboreda Martínez, enderezo: r/ Carral, 32-4º Vigo.

DNI: 36.108.270

Feitos denunciados: pescar sollas á man. Feitos acontecidos ás 11.30 horas do día 12 de xullo de 1998, no río Miñor ó seu paso por Foz-Ramallosa do concello de Nigrán.

Data do acordo da incoación: 11.11.1998.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 8-6-1999.

Precepto infrinxido: 34.11º, da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34, da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca durante 1 ano, debendo entregala no prazo dun mes contado desde que a sanción sexa firme.

Expediente: P-231/1998.

Denunciado: Raúl R. Lameiro Antón, enderezo: Estivada-contoarena-Marín.

DNI: 45.040.786.

Feitos denunciados: pescar utilizando 3 vetas de 30 m cunha malla de 6 cm foron sorprendidos mentres levantaban as ditas artes do fondo, comprobando como nelas estaban atrapados 18 kilos de robaliza. Feitos denunciados ás 10 horas do día 18 de novembro de 1998 no lugar da desembocadura no río Lérez do concello de Pontevedra.

Data do acordo da incoación: 16-3-1999.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 28-7-1999.

Precepto infrinxido: 35.2º, da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 35, da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 500.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade durante 1 ano e 1 día, debendo entregar se é o caso, a licencia de pesca no servicio provincial de medio ambiente no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.

Indemnización: 1.500 ptas.