Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 16 de setembro de 1999 Páx. 11.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a contratación de servicios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: organización e montaxe dos stands institucionais da consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura nos seguintes certames feirais que se van celebrar durante o ano 2000: alimentaria (Barcelona, España, do 6 ó 10 de marzo) e European Seafood Exposition (Bruxelas, Bélxica, do 9 ó 11 de maio).

División por lotes e número: non existen lotes.

Prazo de execución: estenderase desde o día seguinte ó do asinamento do contrato e ata os dous (2) días seguintes ó do remate do derradeiro certame no caso da totalidade, e desde a data de iniciación ata as corenta e oito (48) horas seguintes ó da clausura de cada un dos certames no caso dos prazos parciais de execución.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: noventa millóns de pesetas (90.000.000 de ptas.) (540.910,89 euros), de acordo coa seguinte distribución por anualidades:

Exercicio corrente (1999): 41.400.000 ptas.

Exercicio futuro (ano de imputación: 2000): 48.600.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 1.800.000 ptas. (10.818,22 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (rúa do Sar, 75-15702 Santiago de Compostela; Teléf. 981 54 63 04, Fax 981 54 62 90; ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo III, subgrupos 3 ou 8, categoría D.

8. Presentación das ofertas:

Data límite de presentación: 22 de outubro de 1999.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n-15704 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no Art. 100 do RXCE.

Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 10 horas do día 3 de novembro de 1999.

10. Gastos do anuncio.

Correrán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 1999.

Andrés Hermida Trastoy

Director Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados