Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 16 de setembro de 1999 Páx. 11.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/163-3 A.T.).

Instalación: L.A.T. Cando (parque eólico Cando-subestación Albarellos); concellos de Forcarei (provincia de Pontevedra), Boborás, Beariz e Leiro (provincia de Ourense).

Entidade beneficiaria: Gamesa Promoción Eólica.

Data, lugar e hora de actas:

Concello de Boborás: 27-9-1999 de 10.30 a 11.30 h.

Concello de Beariz: 27-9-1999 a partir das 13 h; 28-9-1999 a partir das 9.30 h;1-10-1999 a partir das 9.30 h.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria do 8 de xullo de 1999 foi autorizada e declarada de utilidade pública a favor da citada entidade beneficiaria, a liña eléctrica de referencia, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa (en diante LEF), do 16 de decembro de 1954.

Na súa virtude, en aplicación do citado artigo 52 da LEF resolvo:

Convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados na casa do concello onde están os predios afectados, no día e horas indicados no encabezamento, para, de conformidade co procedemento establecido, levar a cabo a redacción das actas previas á ocupación nas que se describirán os bens obxecto da imposición de servidume e se farán consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados. A orde de redacción das actas comuni

caráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citadión.

Os titulares figuran nas relacións que se publicaron no seguintes medios:

-Afectados pola liña: DOG do 26-10-1998, BOP de Ourense do 6-10-1998, BOP de Pontevedra do 3-11-1998, diarios El Correo do 27-10-1998 e Faro de Vigo do 4-11-1998.

(Estas relacións expóñense actualizadas nos taboleiros de anuncios dos concellos respectivos).

Deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o úlitmo recibo da contribución: se o consideran oportuno pódense facer acompañar dos seu peritos e un notario pola súa conta.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Segundo establece o artigo 56 do regulamento da LEF, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, ata o mesmo momento do levantamento de actas previas os interesados poderán formular alegacións perante este organismo expropiante para os sós efectos de emendar posibles erros que se padeceran ó relaciona-los bens afectados polas urxente ocupación.

Ourense, 6 de setembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense