Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 16 de setembro de 1999 Páx. 11.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/212-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Feira de Gandos-Amio.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: L.M.T. subterránea 20 kV de 2.055 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV e 240 mm Al, que parte da L.M.T. San Caetano-Polígono do Tambre, con entrada e saída en centro de transformación da Feira de Gandos de Amio. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de agosto de 1999.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións