Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Fuso Eirís-Pasaxe.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV, de 1.170 m de lonxitude, en conductor R.H.V., de 240 mm Al, que parte do C.T. Castaño de Eirís e final no C.T. Urb. A Regueira, reforma C.T. Castaño de Eirís de 400 kVA. Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 16 de agosto de 1999.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións