Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 16 de setembro de 1999 Páx. 11.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/324-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36000 Vigo.

Denominación: C.T. e R.B.T. Polígono I.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV/380-220 V, na rúa Lalín, concello de Vigo. R.B.T., subterránea, con conductor tipo R.V., de 50 m de lonxitude, desde o C.T. Polígono I.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 10 de agosto de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra