Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T.I. e R.B.T. Augas de Cambre.
Situación: Cambre.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 220 m de lonxitude en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Sigrás-Cambre e final no C.T. A Igrexa-Augas de Cambre de 100 kVA tipo intemperie, rede de baixa tensión de 1.210 m de lonxitude en conductor R.Z. Concello de Cambre.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega
cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 17 de agosto de 1999.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións