Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 15 de setembro de 1999 Páx. 11.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 1999, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia concurso público aberto, por tramitación ordinaria, para a subministración de doce autoclaves. (CP-I-2/1999).

O director xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a continuación se cita:

Expediente: concurso público I-2/99 (CP-I-2/99).

Obxecto: subministración de 12 autoclaves.

Orzamento: 4.000.000 ptas. (IVE incluído), (24.040,49 euros).

Garantía provisional: 80.000 ptas., (480,81 euros).

Forma de adxudicación: concurso público por procedemento aberto e trámite ordinario.

Prazo de entrega: un mes a contar desde a notificación da adxudicación ó contratista.

Admisión de variantes: admítense, debendo especificarse as distintas modalidades. En ningún caso se admitirán variantes por debaixo das condicións mínimas establecidas.

Solvencia económica e financeira: rexerá o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica: rexerá o dispsoto no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican:

Características técnicas, funcionais e de calidade: 45%.

Prezo: 40%.

Servicio pos-venda e mantemento: 10%.

Prazo de garantía: 5%.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser retirada no departamento de investimentos e mantemento da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, sita na rúa Avda. de Zamora nº 13-3ª, 32005 Ourense, teléfono 988 38 64 36, fax 988 38 64 50, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobre pechados e asinados polo licitador, ou persoa que o represente, no rexistro da xerencia, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo, na forma indicada no punto 9.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas farase pola mesa de contratación reunida para o efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que terán que presenta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 23 de agosto de 1999.

José Fermín Troncoso Casares

Director xerente de Atención Primaria de Ourense