O director xerente de Atención Primvaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a continuación se cita:
Expediente: concurso público I-1/99 (CP-I-1/99).
Obxecto: subministración de electrocardiógrafos.
Orzamento: 8.150.000 ptas. (IVE incluído), (48.982,49 euros).
Garantía provisional: 163.000 ptas., (979,65 euros).
Forma de adxudicación: concurso público por procedemento aberto e trámite ordinario.
Prazo de entrega: un mes a contar desde a notificación da adxudicación ó contratista.
Admisión de variantes: admítense, debendo especificarse as distintas modalidades. En ningún caso se admitirán variantes por debaixo das condicións mínimas establecidas.
Solvencia económica e financeira: rexerá o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.
Solvencia técnica: rexerá o dispsoto no prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican:
Características técnicas, funcionais e de calidade: 45%.
Prezo: 25%.
Servicio pos-venda e mantemento: 20%.
Prazo de garantía: 10%.
Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser retirada no departamento de investimentos e mantemento da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, sita na rúa Avda. de Zamora nº 13-3ª, 32005 Ourense, teléfono 988 38 64 36, fax 988 38 64 50, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.
Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobre pechados e asinados polo licitador, ou persoa que o represente, no rexistro da xerencia, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de
Galicia, ou por correo, na forma indicada no punto 9.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.
Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas farase pola mesa de contratación reunida para o efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
Documentación que terán que presenta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.
Ourense, 23 de agosto de 1999.
José Fermín Troncoso Casares
Director xerente de Atención Primaria de Ourense