Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 15 de setembro de 1999 Páx. 11.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, de diversas subministracións.

Expediente 56/1999.

1. Obxecto: subministración sucesiva de material para incontinencia, compresas e gasa hemostática.

2. Orzamento: 31.510.311 ptas., IVE incluído.

Expediente 57/1999.

1. Obxecto: subministración sucesiva de guantes.

2. Orzamento: 20.382.450 ptas., IVE incluído.

Condicións que rexerán os expedientes (do punto 3 o 15).

3. Prazo de execución: doce meses desde a data de formalización do contrato.

4. Admisión de variantes: admitiranse como máximo unha variante por artigo.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación de cada un dos lotes ós que se licite.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acretitarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 17 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas. (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación:

Ver folla de especificacións (punto 7).

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas o teléfono 986 81 60 23 e fax 986 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte o da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizarase pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do hospital xeral as 9 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe do anuncio dos presentes concursos públicos será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 20 de agosto de 1999.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo