Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 15 de setembro de 1999 Páx. 11.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 1999 pola que se anuncia a licitación para a renovación da instalación e a prestación do servicio de telefonía do edificio do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 204.2º e 208 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publicado no BOE nº 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio de licitación para a renovación da instalación e a prestación do servicio de telefonía no edificio do Parlamento de Galicia:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 9/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: renovación da instalación e prestación do servicio de telefonía no edificio do Parlamento de Galicia.

b) División por lotes e número: único.

c) Lugar de execución: nas dependencias do Parlamento de Galicia.

d) Prazo de entrega: farase constar en cada unha das ofertas económicas cun apartado específico dentro destas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 26.152.449 ptas. (157.179,38 euros).

5. Garantías.

Provisional: o 2% do tipo de licitación.

Definitiva: o 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 56 16 00.

e) Telefax: 981 57 10 41.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que tendo plena capacidade de obrar non estean comprendidas nalgunhas das circunstancias enumeradas no artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de licitación.

b) Documentación que hai que presentar: a citada no prego de cláusulas administrativas particulares (Boletín Oficial do Parlamento de Galicia nº 341, do 23 de agosto de 1999).

c) Lugar de presentación: Rexistro do Parlamento de Galicia, en horario de 9.30 ás 14.30 horas e de 16.30 ás 18.30 horas, de luns a venres, e os sábados das 10 ás 13 horas. De ser festivo o día de remate para a presentación de proposicións, trasládase para o primeiro día hábil seguinte.

1ª) Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes (concurso): só se admiten prestacións superiores ou complementarias das prescricións técnicas mínimas esixidas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ó oitavo día hábil seguinte ó do remate de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia nº 341, do 23 de agosto de 1999, e nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas depositados no Rexistro Xeral do Parlamento.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 1999.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia