Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 15 de setembro de 1999 Páx. 11.286

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 8 de setembro de 1999 pola que se elevan a definitivas as puntuacións obtidas polos aspirantes para a elaboración do catálogo de expertos da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional.

Advertido un erro na devandita orde, publicada no DOG número 178 do martes, 14 de setembro, cómpre efectua-la oportuna corrección:

-Na páxina 11.221, onde di: «Potestativamente, e logo da interposición do antedito recurso, poderá

interpoñerse o recurso de reposición...», debe dicir: «Potestativamente, e previamente á interposición do antedito recurso, poderá interpoñerse recurso de reposición...».

-Na páxina 11.224, onde di: «Especialidade: EE0001», debe dicir: «Especialidade: EL0001».

-Na páxina 11.225, en relación á táboa de resultados da especialidade TE0114. Promotor de vendas. Referido ó candidato Viana Armas, Mª Cristina, no apartado referido ás probas prácticas, onde di: «12», debe dicir: «13».