Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 15 de setembro de 1999 Páx. 11.287

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de xullo de 1999 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

Advertidos erros na orde publicada no DOG nº 164, do 25 de agosto de 1999, procede efectua-las seguintes rectificacións:

-Na páxina nº 10.614, no parágrafo terceiro da dita orde, onde di: «... os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo de dous meses...», debe dicir: «... os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes...»

-Na páxina nº 10.615, no anexo da dita orde, puntuación correspondente a Pereiro Puga, F. Javier, na columna de total puntos, onde di: «76,6», debe dicir: «76,5».