Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 14 de setembro de 1999 Páx. 11.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de servicios.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto: realización dos traballos de imprenta para a edición da obra titulada, Pazos y Señoríos de la provincia de Lugo.

3. Orzamento: 9.500.000 ptas.

4. Prazo de execución: corenta e cinco (45) días.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na tesourería da deputación provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais a partir do seguinte á publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo, de 10 a 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

9. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado nos boletíns oficiais da provincia números 199 e 200, de datas 30 e 31 de agosto de 1999.

Lugo, 31 de agosto de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Francisco Javier Giménez Miralles

Secretario da Deputación Provincial de Lugo

en funcións