Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 14 de setembro de 1999 Páx. 11.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato para traballos específicos e concretos non habituais da Administración.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto: realización de cursos de formación continua.

3. Orzamento: 4.577.000 ptas.

4. Prazo de execución: desde o 30 de setembro ata o 30 de decembro de 1999.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na tesourería da deputación provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais a partir da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo, de 10 a 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

9. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado nos boletíns oficiais da provincia números 200 e 201, con datas do 31 de agosto e 1 de setembro de 1999.

Lugo, 1 de setembro de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo