Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 14 de setembro de 1999 Páx. 11.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobada polo alcalde deste concello a separata do proxecto e o prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso por procedemento aberto (tramitación urxente) da obra que no punto 2 se indica, expóñense ó público polo prazo dos oito primeiros días naturais seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP. Simultaneamente anúnciase o concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o proxecto ou o prego.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Alcaldía.

Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: reforma interior e ampliación da Casa do Concello de Tomiño (4ª fase) cun orzamento de 20.000.000 de ptas. e un prazo de execución de 12 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento da licitación e criterios de selección: os indicados no punto dous (non se admiten baixas) e os criterios sinalados no prego.

5. Garantías.

Provisional: 400.000 ptas.

Definitiva: 800.000 ptas.

6. Obtención da documentación e información: Secretaría do Concello, praza de Calvo Sotelo, 36740 Tomiño; teléfono: 986 62 20 01 / fax: 986 62 25 30, ata o día anterior ó do remate de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo: C, subgrupos: 4, 6, 8, 9, categoría: B e os restantes especificados no prego.

8. Presentación das ofertas.

Prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Documentación: a esixida no prego.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das nove ás catorce horas.

9. Prazo de vixencia das ofertas: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

10. Apertura de ofertas: nun prazo máximo de 7 días naturais seguintes á data da apertura da documentación xeral dos sobres B e, anunciarase, polo menos 48 horas antes da súa realización, cun edicto no taboleiro de anuncios do concello.

11. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

-Os dos anuncios de licitación e adxudicación.

-O importe da redacción da separata.

-Os tributos que deriven do contrato.

-O pagamento do IVE pola totalidade da obra, e que se entenderá incluído no prezo do contrato.

-Os da formalización pública do contrato.

Tomiño, 6 de setembro de 1999.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde