Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 14 de setembro de 1999 Páx. 11.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

O decreto do alcalde número 1762/1999, do día 6 de agosto de 1999, aprobou inicialmente o Plan especial de mellora do medio do núcleo rural de Roxos, formulado polos servicios técnicos de Planeamento e Xestión.

En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Planeamento e Xestión, sitas no Pazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Conforme o disposto no artigo 34.2º da LSG a aprobación inicial do plan especial determinará automaticamente a supensión do outorgamento das licencias para usos e obras incompatibles coa ordenación proposta.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1999.

Encarna Otero Cepeda

Alcaldesa en funcións