Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 14 de setembro de 1999 Páx. 11.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1999 pola que se publica a contratación da subministración de equipos de radiotransmisións para o persoal do corpo da policía local.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de equipos de radiotransmisións para o persoal do corpo da policía local.

b) Lugar de entrega: casa do concello.

c) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a efectua-la entrega da subministración no prazo de quince días, a partir da data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Ordinaria. Aberto. Concurso.

4. Orzamento de licitación: 5.000.000 de ptas., incluído todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantías.

a) Provisional: 100.000 ptas.

b) Definitiva: 200.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Servicio de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. De 9 a 13 horas.

d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación, ás 10.15 horas do luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os de anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os de transporte e entrega da subministración.

Pontevedra, 7 de xullo de 1999.

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral