Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 14 de setembro de 1999 Páx. 11.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión levada a cabo o día 9 de agosto de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle consistente na ordenación de volumes e sinalamento de aliñacións e rasantes na rúa Alcázar de Toledo, presentado por Víctor Manuel Vázquez Domínguez, en representación de Vimageda, S.L., segundo proxecto redactado polo arquitecto José Antonio González González.

Exponse ó público o expediente durante o prazo dun mes coa finalidade de posibles reclamacións.

Ponteareas, 11 de agosto de 1999.

José Castro Álvarez

Alcalde