Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 14 de setembro de 1999 Páx. 11.238

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador C-42/98 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución dos ditos expedientes, por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

1. Contra a presente resolución caberá, de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción da notificación. Transcorrido o devandito prazo sen terse interposto o recurso, a resolución será firme para tódolos efectos, sen prexuízo, de se-lo caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 3110001181, da Caixa de Galicia (2091), clave (90) oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilio de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 5 de agosto de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-42/98.

Denunciado: Eduardo Sanmartín Álvarez, enderezo: Avda. Atlántida, 98-4º. Vigo.

DNI: 35.859.086.

Feitos denunciados: adestrar 1 can de caza en época de veda e carecendo do permiso, ás 19 horas do día 10-9-1998, lugar O Couto, PO-10.014-Castro-Chandebrito, concello de Nigrán.

Data do acordo da incoación: 20-11-1998.

Data do acordo da proposta: 23-3-1999.

Proposta: sancionar a Eduardo Sanmartín Álvarez con multa de 10.000 ptas.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: que o denunciado adestraba 1 can de caza en época de veda e carecendo do permiso.

Precepto infrinxido: 57.11º e 17.35º, en relación co artigo 34.9º, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 10.000 ptas.