Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 14 de setembro de 1999 Páx. 11.238

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula o instructor do expediente sancionador C-88/98 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución, dictadas pola instructora nos expedientes que por infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia se están a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 5 de agosto de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-88/98.

Denunciado: César Bargiela Bargiela, enderezo: r/ Pablo Iglesias, 20-1º B. Vigo.

DNI: 34.867.468.

Feitos denunciados: facer uso indebido de escopeta en zona de seguridade ó realizar un disparo, no parque-merendeiro, ás 12.35 horas do día 18-10-1998, lugar parque-merendeiro-Cristiñade, concello de Ponteareas.

Data do acordo da incoación: 23-11-1998.

Alegacións á incoación: presenta escrito no que di que por encontrarse nas proximidades do parque merendeiro quixo descarga-la escopeta sendo nese intre cando por unha avaría na agulla percutora se disparou, comprobando os axentes o oco producido no chan.

Data do proposta de resolución: 26-6-1999.

Precepto infrinxido: 57.35º, en relación co artigo 25, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 20.000 ptas.