De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise
público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Orius, que abarcan os seguintes ámbitos.
Territorial: provincial.
Profesional: enxeñeiros agrónomos e enxeñeiros técnicos agrícolas.
Asinan a acta de constitución: Serafín Portela Amorín, e outros.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 17 de agosto de 1999.
Luis Boullosa Nores
Delegado provincial de Pontevedra en funcións