Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 14 de setembro de 1999 Páx. 11.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Interprofesional de Pequeños Empresarios Autónomos AIPEA.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Interprofesional de Pequeños Empresarios Autónomos AIPEA que abarcan os seguintes ámbitos.

Territorial: provincial.

Profesional: empresarios autónomos.

Asinan a acta de constitución: Julio Manuel Chaves Lobato, e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 17 de agosto de 1999.

Luis Boullosa Nores

Delegado provincial de Pontevedra en funcións