Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 14 de setembro de 1999 Páx. 11.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito das actas de constitución e dos estatutos das organizacións de profesionais e autónomas (OPA) das localidades que se citan, por cambio de denominación.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados as actas e os estatutos das organizacións de profesionais e autónomos (OPA) das localidades de Cambados, Dena, O Grove, Vilalonga e Sanxenxo, que pasan a denominarse, respectivamente, Organización de Autónomos e Profesionais (OAP) de cada unha delas, sen que se alteren os ámbitos territorial e profesional, así como os asinantes.

Os novos estatutos depositados, poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 17 de agosto de 1999.

Luis Boullosa Nores

Delegado provincial de Pontevedra en funcións