Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 13 de setembro de 1999 Páx. 11.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se adxudica o concurso público número 8/1999, prestación integral do servicio de almorzos e merendas para unidades de hospitalización e manutención do persoal de garda no Hospital de Piñor deste complexo hospitalario.

Convocado o concurso público nº 8/1999 para a contratación da prestación integral do servicio de almorzos e merendas para unidades de hospitalización e manutención do persoal de garda no Hospital de Piñor do Complexo Hospitalario de Ourense, e á vista das actuacións practicadas de conformidade a lexislación vixente, esta Xerencia Xeral en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo único da Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudica-la contratación da prestación integral do servicio de almorzos e merendas para unidades de hospitalización e manutención do per

soal de garda no Hospital de Piñor do Complexo Hospitalario de Ourense, a:

Alessa Galicia de Catering, S.A. NIF: A-1.569.928.

Segundo.-O importe do contrato é de once millóns seiscentas cincuenta e dúas mil duascentas sesenta pesetas (11.652.260 ptas.)(70.031,493 euros), IVE incluído, en cómputo anual.

Terceiro.-A vixencia do contrato se fíxase desde a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 1999.

Cuarto.-Previa á formalización do contrato, a empresa adxudicataria deste servicio está obrigada a constituír unha fianza definitiva do 4% do importe de licitación, así como ó resto das obrigas, na forma e contía sinaladas nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexeron neste concurso.

Ourense, 2 de agosto de 1999.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de

Ourense